NON ao Mónaco – Dakar, súmate

SOGAPS únese á denuncia de CEAS-Sahara respecto ao rally Mónaco-Dakar: un insulto a todo o Pobo Saharauí, ao violar os territorios ocupados, as zonas liberadas e o muro da vergoña, coa única mediación do estado ocupante: Marrocos. A organización retrátase a se mesma ao ilustrar a competición cun mapa ficticio, no que Marrocos e o Sahara Occidental Ocupado nun mesmo territorio.

Mónaco Dakar

Compartimos a continuación o comunicado de CEAS Sahara
O Polisario denuncia a provocación que supón que o rally atravese a fronteira marroquí-saharauí e sentirase liberado de todo compromiso da tregua en vigor de levarse a cabo o proxecto dos organizadores da carreira. A Fronte Polisario considera a decisión dos organizadores como un insulto á vontade dos saharauís, un desafío a Nacións Unidas, un apoio ao colonialismo marroquí e unha violación do cesamento o lume, en vigor desde setembro de 1991.
A responsabilidade das graves consecuencias que se poidan derivar desta nova provocación, demostran a nula vontade da parte marroquí para atopar unha solución definitiva que respecte o dereito á autodeterminación do Pobo Saharauí, que leva 42 sufrindo baixo a ocupación do seu territorio.
Marrocos con esta manobra pretende perpetuar a súa ilegal ocupación da man duns empresarios europeos sen escrúpulos cara aos dereitos lexítimos do Pobo Saharauí a decidir o seu futuro, entorpecendo e obstaculizando así, as futuras negociacións reclamadas polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
Ninguén pediu permiso aos verdadeiros donos do territorio, nin á Misión das Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental ( MINURSO), para que pase polo seu País. Sinalamos a disposición da Fronte Polisario de cooperar de forma sincera co Secretario Xeral das Nacións Unidas, e o seu Representante persoal para alcanzar unha solución xusta e pacífica baseada no respecto do dereito inalienable do Pobo Saharauí á autodeterminación e a independencia, e o seu pleno compromiso neste contexto cos requisitos dos Acordos de cesamento do fogo de 1991.
CEAS- Sahara, extremadamente preocupada, faise eco da denuncia da Fronte Polisario, e facemos un chamamento á Unión Europea, á Comisión e aos seus Estados membros, especialmente a Francia, país desde onde sae o Rally Mónaco-Dakar e a España, país que é potencia responsable da descolonización inconclusa do territorio, para que presionen ao seu socio Marrocos, a suspender inmediatamente devandito Rally que viola claramente a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo, de decembro do 2016, a cal recoñece que “o territorio do Sahara Occidental é distinto e independente de Marrocos”. Por tanto, toda acción levada a cabo no Sahara Occidental débese consultar co seu pobo, representado lexitimamente pola Fronte Polisario.
Madrid, 6 xaneiro 2018
Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Share on Google+
Google+
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies