Comunicado dos Observadores Internacionais do Xuízo do Gdeim Izik

Tras a primeira sesión da continuación do xuízo aos Presos Políticos Saharauís do grupo Gdeim Izik, chéganos un comunicado dos Observadores Internacionais presentes neste proceso (entre eles, varios membros de SOGAPS), denunciando as irregularidades e ilegalidades do proceso.

Observadores Internacionales SOGAPS

Declaración dos Observadores Internacionais asistentes ao Xuízo de Gdeim Izik
Sesión do 5 de xuño de 2017

  • Os Observadores presentes na sesión de hoxe no procedemento polos acontecementos de Gdeim Izik queremos evidenciar o seguinte:
  • Non está claro se estamos nun Procedemento de primeira ou segunda instancia, quedando esta cuestión pendente de resolver polo Tribunal, coa consecuencia de que as regras procesuais aplicables son distintas, por exemplo a admisión de novas probas e testemuñas, e a incorporación dunha nova parte civil.
  • É un procedemento ante un Tribunal que non ten xurisdición territorial xa que os feitos ocorreron no Aiún (Sahara Occidental).
  • Inadmisión por parte do Tribunal do ditame da Comisión contra a Tortura das Nacións Unidas.
  • Defensa técnica dos acusados: designada de oficio polo Presidente do Tribunal o 16 de maio, asumiu a súa función de forma inmediata sen ter contacto cos acusados nin estudar o expediente.
  • Dilacións indebidas: xuízo militar en febreiro de 2013. Casación en xullo de 2016. O novo xuízo empezou o 26 de decembro e estamos pola quinta continuación das sesións.
  • Detención arbitraria de 6 anos e medio sobre a base dunha sentenza anulada polo Tribunal de Casación: violación do dereito á presunción de inocencia.
  • Volve evidenciar as grandes medidas de seguridade impostas polo Goberno de Marrocos cara aos Observadores: fotografías dos documentos de identidade por persoas non identificadas no exterior do Tribunal, cacheos continuos, prohibición de entrada de calquera tipo de dispositivo electrónico.
  • O Comité das familias dos presos denuncian que estes sufriron agresións e lesións graves ao ser trasladados hoxe mediante a forza ao Tribunal desde a Prisión do Arjat.

A sesión de hoxe prevista ás 10,30h comezou ás 13:45h producíndose a entrada de todos os membros do Tribunal.

Na sesión, que apenas durou unha hora, os avogados da defensa cuestionaron o informe pericial redactado polos médicos marroquís, alegando contradicións e falta de garantía na aplicación do Protocolo de Istambul. Solicitaron un complemento do informe por mais peritos, e a comparecencia dos peritos redactores a efectos de poder aclarar determinados extremos. O Tribunal resolve non admitir a primeira solicitude; por contra admitiu a comparecencia dos peritos, poñendo fin á sesión anunciando a súa continuación ás 10 am do día seguinte.

Ata o día de hoxe os informes médicos non acreditaron a existencia de torturas.

Por todo iso facemos un chamamento á Comunidade Internacional ante a evidente violación sistemática das garantías procesuais e dos Dereitos Humanos, instando á protección dos presos políticos saharauís por parte de Nacións Unidas e Institucións Internacionais competentes.

  • Elena Esposito, Giuristi Democratici, Italia
  • Nicola Giudice, Giuristi Democratici, Italia
  • Amaia Arenal Vidorreta-Concejala UdalBerri-Bilbao en Comun por IU
  • Unai Orbegozo Uribesalgo- Concejal Irabazi Zumarraga por IU
  • Maite Isla, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
  • Emilio Portela, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
  • Pablo Romeo , Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
  • Ana Miranda, Alianza Libre Europea. Bloque Nacionalista Galego (BNG)
  • Isabel Lourenço – Fundacion Sahara Occidental, Portugal
  • Tone Soerfonn Moe – Fundacion Sahara Occidental, Noruega
  • Maria Dolores Traviesso, abogada
  • Gustavo A. Garcia, abogado
  • Cristina Martinez Benito de Lugo, abogada
Comparte, ayúdanos a difundir:Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInShare on TumblrPrint this pageEmail this to someone

You may also like...

1 Response

  1. 08/06/2017

    […] Unida súmase á denuncia realizada polos Observadores Internacionais (entre eles, varios membros de SOGAPS) presentes no xuízo dos Presos Políticos Saharauís de […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies