España asume a presidencia do Consello de Seguridade da ONU

España asume desde onte xoves 1 de Decembro a presidencia do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, cargo que ostentará ata o final deste ano, por segunda vez no bienio 2016-2016.

Este é un momento clave para presionar ao Goberno de España como Presidente do Consello de Seguridade para que asuma a súa responsabilidade histórica e política co conflito Saharauí, e finalice unha descolonización que non só non realizou cando se viu obrigada a ela, se non que empeorou cos ilegais Acordos Tripartitos de Madrid, que abriron o camiño á ocupación Marroquí que dura ata os nosos días.

España segue sendo a administradora de iure do Sahara Occidental, tal e como recoñece nosa propia Audiciencia Nacional ao declarar ilegais os Acordos Tripartitos asinados o 14 de Novembro de 1975, no que se cedía a administración do Sahara a Marrocos e a Mauritania. Desde hai 41 anos está na súa man a resolución dun conflito que levou a centos de miles de Saharauís ao exilio como refuxiados, e a outros tantos ao sufrimento dun apartheid continuo por parte das forzas de ocupación Marroques.

A propia Organización das Nacións Unidas considera a España a potencia administradora do Sahara Occidental na súa lista de Territorios non Autónomos, polo que a ostentación dun cargo como é a Presidencia do Consello de Seguridade nunha organización que recoñece esta situación, e que defende a autodeterminación do Sahara mantendo a Misión para o Referendo no Sahara Occidental (MINURSO) representa un momento clave para a independencia do Sahara, a última colonia en África.

consejo_de_seguridad

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies