Eventos Solidarios co Pobo Saharauí en Novembro

Este mes de Novembro organízanse diferentes eventos solidarios co Pobo Saharauí co fin de dar visibilidade á ocupación Marroquí que sofre o Sahara Occidental e financiar programas de axuda aos Campamentos de Refuxiados Saharauí, como o envío de material escolar, sanitario ou deportivo.

En diferentes puntos de Galicia celebraranse comidas, ceas e concertos solidarios co fin de recadar para axudar ao Pobo Saharauí e visibilizar a ocupación Marroquí. Tal e como denunciou a Media Lúa Vermella Saharauí recentemente, os Campamentos de Refuxiados están a sufrir un descenso na axuda alimentaria, chegando a prever un descenso do 50% das racións mensuais a partir deste mes. Por outra banda, as múltiples choivas torrenciais que están a castigar aos territorios nos últimos meses fan máis necesario se cabe o material médico, e o financiamento dos medios necesarios para construír as vivendas que se perderon. Estes feitos só agravan a situación xa complicada na que vive o Pobo Saharauí dende hai máis de 40 anos en Campamentos de Refuxiados nos que dependen da axuda humanitaria internacional.

Os eventos máis próximos que realizará SOGAPS para axudar a esta situación son os seguintes:

  • Cea Solidaria co Pobo Saharauí o 26 de Novembro no Hotel Coia de Vigo.
    • Prezo: 25€
    • 22:00 Horas
  • Cea Solidaria co Pobo Saharauí o 19 de Novembro e Baile en Boiro.
    • Prezo: 35€
    • 22:00 Horas
  • Concerto de Barahúnda “Movense os Ventos” o sábado 19 de Novembro en Rianxo.
    • Prezo: 5€
    • 20:30 Horas
  • Masterclass de Zumba Solidaria co Pobo Saharauí o 27 de Novembro en Narón.
    • Prezo: 3€
    • 11:30 Horas
  • Cea Solidaria co Pobo Saharauí en restaurante “Ou Castelo” o 2 de Decembro en Vilasobroso.
    • Prezo: 25€
    • 21:30 Horas

Podedes informarvos sobre como conseguir as vosas entradas para estes eventos chamando ao 986 262 637, escribindo un e-mail a info@sogaps.org ou na Oficina de SOGAPS en Vigo (Avda. Alcalde Gregorio Espino, 57 baixo).

eventos_solidarios

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInShare on TumblrPrint this pageEmail this to someone

You may also like...

1 Response

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies