Festival Solidario co Pobo Saharaui en Valladares

Este domingo 30 de Outubro celebraremos un festival solidario co Pobo Saharauí no Centro Cultural de Valladares. Contaremos con diferentes tipos de actuacións pensadas para toda a familia, como a actuación de Sabela Cereijo, a presenza do Meigo Marco, o Pallaso POPÍN, cóntaa-contos María Carreira, e o grupo de teatro “Escoitade”. Presentado por Cristina Maró. Todos estes artistas axudarán a concienciar sobre a situación do Sahara Occidental nun evento pensado para toda a familia.

É importante seguir concienciando e sensibilizando sobre a situación do Sahara Occidental, un territorio ocupado por Marrocos de forma ilegal. Un conflito sobre o que gran parte da poboación española descoñece as causas reais, e a situación que vive o Pobo Saharauí, que está obrigado a vivir en campamentos de refuxiados lonxe da súa terra dende hai décadas.

Con eventos como este tentamos dar a coñecer o conflito saharauí e financiar programas de axuda ao seu pobo, como o programa “Vicente Fernandez” (material escolar), programas deportivos, ou programas médicos, cos que enviamos material necesario aos campamentos, sempre baixo a o auspicio do Fronte Polisario.

Necesitamos a vosa axuda para conseguir os nosos obxectivos, comezando pola liberación do Sahara, a entrada será gratuíta, e unicamente aceptaranse doazóns. Esperamos vervos a todos alí! Axudade a difundir!

cartel-festival-saharaui

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies