Fronte Popular de Liberación de Saguia El-Hamra e Río de Oro

coat_of_arms_of_the_sahrawi_arab_democratic_republic-svg

A Fronte Popular de Liberación de Saguia el Hamra e Rio de Oro é o movemento de liberación nacional saharauí que loita por acabar coa ocupación ilegal de Marrocos sobre  Sahara Occidental e lograr que se culmine a autodeterminación do pobo saharauí e a independencia da súa patria. As súas siglas son: Fronte Polisaria.

O Fronte Polisario toma a testemuña do Movemento para a Liberación do Sahara  fundado  en 1967, cuxo líder  Mohamed Sidi Brahim Bassiri, desapareceu ás mans das autoridades españolas do Sahara, na manifestación do 17 de xuño de 1970 no barrio de Zemla, no Aaiún. Ata agora séguese ignorando o seu paradoiro. No mesmo día varias decenas de saharauís morreron ao disparar o exército español sobre á multitude que pacificamente se manifestaba.

Varios grupos de saharauís (estudantes, traballadores e militares do Sahara español e refuxiados saharauís en Mauritania) conforman o 10 de maio de 1973 en Zuerat (Mauritania), a Fronte  Polisaria , co propósito de alcanzar a independencia do territorio, baixo dominio colonial español.

O seu primeiro secretario xeral foi Brahim Gali. O día 20 do mesmo mes inician os primeiros enfrontamentos armados, combates baseados na estratexia de guerra de guerrillas, a primeira no mundo organizada nun deserto e a grande escala. O 5 de maio de 1974, El Luali Mustafa Sayed é nomeado secretario xeral do  POLISARIO  no segundo congreso da organización.

O 12 de maio de 1975 a misión visitadora de Nacións Unidas recoñece ao movemento como a única forza política dominante no territorio.Dito doutro xeito recoñécese á Fronte  Polisaria como o único representante do pobo saharauí.

Cos Acordos tripartitos de Madrid do 14 novembro de 1975, considerados nulos pola  ONU, España fai entrega do  Sahara a  Marrocos e ao réxime de  Uld Dadah. O exército popular de liberación saharauí continúa a súa loita pero agora combate aos exércitos dos dous países invasores que se repartiran o territorio, Marrocos no norte e o réxime mauritano, de  uld Dadah, no sur.

O 28 de novembro de 1975 disólvese  A Asamblea Xeral do Sahara “Yamaa” 67 antigos membros desta, en  Guelta, territorios liberados pola Fronte Polisaria, constitúen O Consello Nacional Saharauí Provisional. O 16 de decembro únenselles outros 17 ex membros da xa disolta  Yamaa.
O 27 de febreiro de 1976, un día  despois da precipitada retirada e o vergonzoso abandono de España ao  Sahara Occidental- o que creo un baleiro político-, o consello nacional saharauí provisional e a Fronte  Polisaria  proclaman dende  Bir Lehlu (Sahara Occidental) a República Árabe Saharauí Democrática (R.A.S.D.) e a El-Uali  como o seu primeiro presidente.

O  Luali Mustafa  cae en combate o 9 de xuño de 1976. O 10 de xuño de 1976, Mahfud Ali Beiba asume o cargo de secretario xeral do Polisario, ata a celebración do III Congreso do movemento, que nomea o 30 de agosto a  Mohamed Abdelaziz  como novo secretario xeral. A guerra segue nas dúas frontes e recrúase moito máis. O 5 de agosto de 1979 a Fronte  Polisaria  e Mauritania alcanzan un acordo mediante o cal Mauritania cede a parte que ocupaba do Sahara Occidental á Fronte  Polisaria , pero Marrocos se anexiona esa zona o 11 de agosto. A raíz da devandita anexión, a  ONU aproba unha resolución na que recoñece a Fronte  Polisaria  como o lexítimo representante do pobo saharauí, mentres considera a Marrocos como unha potencia ocupante.
A partir de 1981 e ata 1987, Marrocos cambia a súa estratexia militar coa construción dunha serie de 6 muros no deserto, cunha lonxitude de máis de 2.600 km., sementados con millóns de minas, que non logra impedir a mobilidade dos combatentes saharauís pero divide o territorio en dúas partes. A Fronte  Polisaria  controla a parte oriental do territorio ao outro lado dos muros.

Os combates seguen ata o 6 de setembro de 1991, día no que se acorda un alto o fogo. A MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o Referendo do  Sahara Occidental) é o organismo encargado de velar polo alto o fogo e preparar un referendo, cuxa celebración se prevía para xaneiro de 1992 e aínda non se celebrou. As innumerables e constantes trabas que pon Marrocos á aplicación do plan de paz da  ONU  e a sistemática e deliberada vulneración dos dereitos humanos na parte ocupada polo réxime  alauita  obstaculizan a celebración do referendo. Neste contexto celebráronse reunións entre a Fronte  Polisaria  e Marrocos baixo os auspicios de Nacións Unidas pero non houbo avances. Marrocos quere impoñer o feito consumado e perpetuar así a súa ocupación ilegal do Sahara Occidental. A Fronte  Polisaria  en cambio non acepta ningunha solución que non sexa a dun referendo baixo a supervisión da  ONU e a Unión Africana e que unha das opcións sexa a independencia.
A  RASD  foi membro da  OUA, e é membro fundador da Unión Africana (sucesora da  OUA). Foi recoñecida como estado soberano por 84 países, a maioría africanos e latinoamericanos. Outros moitos estados, entre eles os europeos, recoñecen a Fronte  Polisaria  como representante único lexítimo do pobo saharauí.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Share on Google+
Google+
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies