Posto Solidario de SOGAPS na “Reconquista da Vila de Vigo”

Este fin de Semana, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí contará cun posto solidario na festa da “Reconquista da Vila de Vigo”, destinado á recadación e a difusión de “Vacacións en Paz”.

Reconquista da Vila de Vigo

O “Casco Vello” de Vigo volverá ao século XIX este fin de semana, recreando un ano máis a reconquista da cidade a mans dos Vigueses, que expulsaron ao exercito de Napoleón o 28 de Marzo de 1809.

Para conmemorar esta data, o barrio histórico convértese nun mercado tradicional, no que te podes atopar a Franceses loitando contra Vigueses en calquera momento, creando un ambiente único e unha festa esencial da nosa comunidade autónoma.

SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, instalará o seu posto, chamado Sahara, durante todo o fin de semana, onde venderá tapas, sobremesas, viños, bebidas, etc, aos visitantes, e ademais informaráselles sobre a situación actual do Sahara Occidental, e a necesidade de Familias Acolledoras en Galicia.

Aproveitamos para dar as grazas ás familias acolledoras de Vigo que volcaron coa organización deste posto solidario, e prepararon exquisitos pratos de comida e sobremesas feitos por eles.

Esperamos que todos vos acheguedes á Reconquista, a festa máis emblemática de Vigo, a gozar dunha viaxe ao pasado, e a colaborar de forma solidaria co Pobo Saharauí.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies