Vacacións en Paz 2020

Vacaciones en Paz 2020

Vacacións en Paz 2020

 Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

 Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

 Este programa leva a cabo grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, e o apoio dos concellos.

Filosofía do Programa

As vacacións en paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis. Trátase, xa que logo, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos as súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharaui.

Estes nenos naceron nos campamentos de refuxiados saharauis situados dende fai máis de 41 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-Saharaui; é dicir, son fillos dos Saharauis que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975.

A vida destes nenos, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.

Dende o punto de vista afectivo, España representa algo especial para os saharauis polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, os Saharauis pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.

 

Obxectivos do Programa 

1. Obxectivo Xeral:

Trasladar a nenos/as saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

2. Obxectivos Específicos

  • Reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven
  • Facilitar asistencia médica e de alimentación.
  • Promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade.
  • Perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares.
  • Ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre.
  • Evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º).

 

Requisitos para ser Familia Acolledora de Vacacións en Paz.

 Para ser familia acolledora de Vacacións en Paz, desde Solidariedade Galega co Pobo Saharauí solicitamos unha sensibilización especial facía a causa do Sahara Occidental e o seu pobo, polo que a asistencia a unhas Xornadas Formativas é obrigatoria.

 Por outra banda, a continuación expoñemos a documentación que se debe presentar, e outros trámites necesarios para acoller, como é a entrevista valorativa coa traballadora social da asociación. Así como o compromiso para colaborar en eventos e actividades de sensibilización e financiamento dos programas solidarios que impulsa esta asociación.

Documentación a presentar:

 Compromiso de acollida temporal de menores saharauís.

  • Declaración de datos familiares e familias acolledoras do menor saharauí na súa estancia temporal en galicia.

  • Ficha de Colaboración económica co programa Vacacións en Paz (20€/mes)

  • Protocolo de entrevista de valoración do programa Vacacións en Paz 2020.

  • Valoración familiar do acollemento temporal dos menores saharauís.

  • Fotocopia do DNI de cada membro da unidade familiar que resida no fogar, compulsado no concello.

  • Fotocopia do certificado penal.

  • Fotocopia de carencia de delitos naturais sexuais.

Formación e Información nos Campamentos:

Por outra banda, nos campamentos de Tindouf realizaranse igualmente xornadas formativas para as familias biolóxicas dos menores que viaxarán a Galicia no verán do próximo ano 2020, para transmitir a realidade cultural, económica e social en Galicia. Tamén cremos necesario concienciar sobre os obxectivos reais do programa “Vacacións en Paz”.

Formar ás familias nun uso adecuado das tecnoloxías, evitar que viaxen nenos obrigatoriamente neste programa, e como axudar e preparar ao neno para a súa integración na familia acolledora e na contorna, son puntos fundamentais para o bo funcionamento do programa.

 

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies