Comezan as “Vacacións en Paz 2017” en Galicia

Na madrugada do pasado venres 7 de Xullo chegaron os dous avións cos centos de nenos e nenas Saharauís que veñen pasar as Vacacións de verán á nosa comunidade autónoma acollidos por familias Galegas.

Vacaciones en Paz llega a Galicia

A estas alturas, xa todos os nenos e nenas Saharauís que viñeron a pasar o Verán a Galicia están na casa coas súas familias de acollida, acomodándose a un verán diferente, unhas “vacacións en paz” lonxe do deserto no que pasan o resto do ano.

Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do deserto de Tindouf no verán (ata 50 graos á sombra) e someterse aos diferentes exames médicos aos que non se pode acceder nun campamento de refuxiados. Ademais aprenden español, segunda lingua oficial da RASD (República Árabe Saharauí Democrática), e supón unha gran experiencia cultural para todos os participantes do programa: os nenos e nenas Saharauís, as familias acolledoras, os menores galegos que se relacionan de forma directa ou indirecta co programa, etc.

De momento chegaron 278 nenos Saharauís dos 326 que estaban previstos, xa que os avións eran máis pequenos do esperado nun primeiro momento. Desde SOGAPS non nos esquecemos dos 48 menores Saharauís que esperan en Tindouf, e faremos todo o posible por traelos canto antes.

Queremos aproveitar para agradecer desde Solidariedade Galega co Pobo Saharauí a todas as persoas que facedes posible este programa: a todos os organismos que subvencionan o proxecto, aos compañeiros e compañeiras de Sogaps e Delegados de Zona, e por suposto, a todas as familias acolledoras, non nos esqueceremos de lembrar que sodes a alma de “Vacacións en Paz”. Sen vós esta noticia non sería posible.

Embaixadores do Conflito que sofre o Pobo Saharauí

Tampouco hai que esquecer a grandísima importancia dos menores como embaixadores da causa do Pobo Saharauí. Estes nenos naceron nos campamentos de Refuxiados Saharauís, situados desde hai máis de 41 anos na zona Tindouf; é dicir, son fillos dos Saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sahara español en 1975.

A vida destes nenos, nacidos no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias que o resto da poboación Saharauí, privada do máis elemental e sobreviven dificilmente grazas á axuda internacional.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Share on Google+
Google+
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies