Comisión Sanitaria nos Campamentos

Ás familias acolledoras que nos estades chamando por algún problema de Saúde que teñen os vosos nenos ou nenas nos Campamentos, informámosvos que a Comisión Sanitaria de Galicia viaxa o día 20, e van estar no Hospital de Bojador e na Casa Sanitaria de Galicia.

Van varios especialistas: Ginecologa, Medicina Interna, Pediatra, Enfermeiras, Podóloga… Podedes comunicarllo ás vosas familias .

Desde a Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps, o noso agradecemento a Vicepresidencia da Xunta de GALICIA, por este Proxecto tan importante para os Refuxiados Saharauís, que axudará á Construción dun Hospital, e a que a Comisión Sanitaria, poida traballar alí. E a todo o Persoal de Cooperacion Exterior, grazas pola vosa colaboración e agarimo con que sempre nos tratades.

Iremos informando. Moitas grazas.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *