Emotiva charla de APRASE
O pasado venres 30 de Xuño celebrouse unha charla informativa de APRASE na que se tratou principalmente o tema dos Presos Políticos Saharauís.
Grazas a todas as persoas que asistiron á conferencia de onte á tarde. Grazas a Sidi Mohamed Talebbuia, e Fatima M Fadel. Ninguén mellor que vós puido explicar tan ben a situación xurídica que viven os Presos Políticos Saharauís, principalmente por 3 motivos: sodes avogados, sodes Saharauís e estades coordinados.
As vosas palabras, que saían do voso corazón fixeron que todos os que vos estaban escoitando emocionarense cos vosos relatos.
Foron moitas as persoas as que asistiron desde distintos Concellos de Galicia,e estamos seguros transmitirán aos seus achegados todo o que onte escoitaron.
Estas charlas son moi necesarias, pois é tanto o silencio informativo no referente á situación que están a sufrir os Presos Políticos Saharauís e os seus familiares, con este Xuízo-Farsa, que a única maneira de dar a coñecer este drama é seguir realizando charlas como esta, seguir asistindo aos Xuízos e seguir denunciando esta situación.
Comentarios recentes