Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concentración solidaria polos Presos Políticos Saharauis do Gdeim Izik

08/05/2017/11:00 - 12:00

O vindeiro luns 8 de Maio, ás 11:00, celebrarase unha concentración solidaria na Praza do Toural (Santiago de Compostela), pola liberdade dos presos políticos Saharauís do grupo do Gdeim Izik.

Esta concentración coincide coa continuación do Xuízo aos Presos Políticos do Gdeim Izik o próximo 8 de Maio tras un máis dos múltiples adiamentos que sufriu este proceso.

Non é a primeira vez que este grupo é xulgado polo réxime marroquí. En 2013 enfrontáronse a un xuízo militar e ilegal, que se saldou con 25 condenados, resultado dun proceso cheo de irregularidades. falsas acusacións, e declaracións froito da tortura, ferramenta constante do majden marroquí contra a poboación Saharauí, tal e como denuncian organismos internacionais e defensores dos dereitos humanos.

Tras múltiples presións e mobilizacións esixindo a anulación do xuízo e a liberdade dos presos políticos, o xuízo militar foi anulado polo tribunal de casación, pero continúan no cárcere mentres volven ser xulgados, esta vez por un Tribunal Civil de apelación en Rabat.

Facemos un chamamento aos amigos e organizacións solidarias coa causa Saharauí, así como partidos, sindicatos, e asociacións, en Galicia a que participen nesta concentración solidaria, que axudará a visibilizar a a situación Sahara Occidental e a dos centos de presos políticos Saharauís, privados de liberdade e dos seus dereitos máis básicos por loitar de forma pacífica por ver a súa terra libre.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

Detalles

Fecha:
08/05/2017
Hora:
11:00 - 12:00

Organizador

SOGAPS
Teléfono:
986 26 26 37
Email:
info@sogaps.org
Página Web:
www.sogaps.org

Lugar

Plaza do Toural
Plaza do Toural
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 España
+ Google Map

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies