Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cortes de pelo Solidarios co Pobo Saharaui

07/04/2017
3€
Cortes de Pelo solidario con el Pueblo Saharaui

Este venres 7 de Abril o grupo “Imagen Peluquerías” colaborará co Pobo Saharauí, realizando cortes de pelo solidarios a chicos e a chicas por só 3€. Con actividades como esta esperamos completar o financiamento do programa “Vacacións en Paz”.

O vindeiro venres 7 de Abril dispós de todo o día para achegarte a “Grupo Imagen Peluquerías” en Rosalía de Castro, 138 (Santiago de Compostela), e renovar a túa imaxe e estética mentres axudas ao Pobo Saharauí, e a que o programa “Vacacións en Paz” siga funcionando un ano máis.

Por primeira vez en Galicia, “Vacacións en Paz” podería conseguir un financiamento completo grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, as achegas de diversos concellos (entre os que destaca a achega do Concello de Vigo), e a actividades solidarias organizadas por esta asociación.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

Protagonista

Recinto

  • Grupo Imagen Peluquerías
  • Travesía Do Porto 18, Milladoiro, 15895 Ames, C
    Ames, A Coruña 15895 España
    + Google Map
  • Phone 9896 36 36 37