Grazas Concellos de Cambre e Culleredo

Seguindo as nosas visitas por todos os Concellos de Galicia, hoxe, desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, o noso agradecemento aos Concellos de Cambre e Culleredo, por recibirnos esta mañá e poder presentarlles varias propostas de colaboración, que dentro das súas posibilidades, desexan levar a cabo.

Tamén agradecer a súa colaboración en varias actividades que se van a realizar e que repercutirán en beneficio dos nenos e nenas que virán no verán dentro do Programa Vacacións en Paz.

E un especial agradecemento ás técnicas, polo seu seguimento nas distintas propostas que lle presentamos.

Casa Concello Cambre

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *