Gran acollida a SOGAPS na Reconquista de Vigo
O Posto Solidario instalado durante “A Reconquista da Vila de Vigo” (unha das festividades máis importantes da cidade olívica) contou co apoio de todas as familias acolledoras tanto á hora de atender ao público, como ao preparar todos os pratos que se servirían durante o fin de semana.
Os días 1 e 2 de Abril celebrouse en Vigo a festa de “A Reconquista”, que conmemora a vitoria dos Vigueses fronte ás tropas Napoleónicas a principios do século XIX. O evento contou coa presenza de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí grazas ás familias de Vigo, quenes se envorcaron na xestión dun Posto Solidario coa intención de recadar fondos para o programa “Vacacións en Paz”. Entre todas fixeron quendas para a atención ao público, e cociñaron os diferentes pratos dispoñibles no devandito posto: empanadillas, tortas, empanadas, xamón asado, postres, etc.
Desde SOGAPS queremos dar as grazas a todas as voluntarias e voluntarios, e familias acolledoras que axudaron durante todo o fin de semana a que o posto estivese sempre funcionando, e a todas as persoas que se achegaron a comprar produtos e degustar bebidas, gozando desta tradicional festa de Vigo mentres axudaban nunha causa solidaria. Grazas a vós “A Reconquista dá Vila de Vigo” resultou un éxito absoluto para o movemento solidario en Galicia e para o Pobo Saharauí.
Comentarios recentes