Un equipo multidisciplinar formado por 15 voluntarios sanitarios viaxará no voo chárter fretado desde o aeroporto de Peinador Vigo por SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Este equipo está formado por un médico de familia, unha xinecóloga, 2 enfermeiras unha delas especialista en enfermería familiar e comunitaria, unha internista e 10 podólogos que xunto con Noelia Porto responsable e coordinadora da devandita comisión reforzará a asistencia sanitaria de atención primaria do Hospital de Bojador e consultará aos pacientes que sufran diferentes doenzas e deformacións dos pés así como realizará cirurxías de pé naqueles que o precisen.
Unha vez máis o obxectivo da Comisión Sanitaria de SOGAPS é mellorar a calidade de vida dos refuxiados saharauís que dependen absolutamente da axuda internacional para a súa subsistencia.
SOGAPS comezou a súa andaina no ano 1989. A misión desta asociación é a loita polos dereitos humanos desta poboación así como polos saharauís nos territorios ocupados por Marrocos. Desde 2007 SOGAPS traballa de forma activa nos campamentos dando apoio ao Ministerio de Saúde Pública Saharauí de diferentes maneiras realizando asistencia sanitaria e enviando material e medicación, colaborando na restauración do Hospital de Bojador e construíndo a Casa Sanitaria de Galicia xunto cun proxecto da Xunta de Galicia.
Todo isto é posible grazas á Solidariedade da poboación galega sensibilizada coa problemática saharauí así como dos voluntarios que de forma particular ou formando parte dalgunha sociedade científica participan neste proxecto.
Nesta ocasión conta coa colaboración de 3 sociedades científicas: Asociación Española de Cirurxía Podológica AECP, Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria AGEFeC e Sociedade Galega de Medicina Interna SOGAMI.
Como se pode colaborar?
Doando material a SOGAPS: luvas estériles, antiinflamatorios e analxésicos intramusculares ou intravenosos, pilas de botón para os glucómetros, vitaminas insulina (neveira)… todo é necesario.
Facendo unha doazón na conta de SOGAPS para poder comprar material.
Nº Conta ES40 2080 5056 13 3040034374 ABANCA
Para información 986 26 26 37
Comentarios recentes