CHAMAMENTO URXENTE PARA PROTEXER Á POBLACION CIVIL SAHARAUI NAS ZONAS OCUPADAS DO SAHARA OCCIDENTAL
Madrid, 13 de febreiro de 2021- Ante a ola de brutal represión exercida contra a poboación civil saharaui polas autoridades do regimen marroquíes nas zonas ocupadas do Sahara Occidental, a Delegación Saharaui para España solicita a intervención urxente do Goberno de España para esixir ao goberno de Marrocos o cese inmediato desta violencia e garantir a protección da poboación saharaui e o respecto do Dereito Internacional Humanitario.
O Frente Polisario subliña que o actual retorno das accións bélicas no Sahara Occidental está provocando un dramático aumento da represión e as violacións dos dereitos fundamentais dos civís saharauis no Sahara Occidental, última colonia de África que figura na lista dos 17 Territorios Non Autónomos da ONU pendentes de descolonización e cuxa potencia administradora segue sendo España.
O Estado Español obrigado a comprometerse para acabar co sufrimento longo e inhumano do pobo saharaui e responder así ás reivindicacións da sociedade española, profundamente comprometida coa xusta causa do pobo saharaui.
A existencia dun Estado Saharaui Libre e Independente, a RASD, supoñería unha garantía de estabilidade e cooperación económica, actuando como dique de contención fronte aos fenómenos que azoutan na actualidade a España e o resto de Europa, pola falta dunha política real e eficaz de boa veciñanza e reciprocidade mutua.
Delegación do Frente Polisario para España.
Comentarios recentes