Presenza de SOGAPS na EUCOCO 2016
Este fin de semana celebrouse a 41º edición das Conferencia Europea de Apoio e Solidariedade co Pobo Saharauí (EUCOCO) en Cataluña. Membros de SOGAPS acudiron en representación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e asistiron aos diferentes talleres e discursos que se realizaron nesta nova edición do evento máis importante do movemento internacional de solidariedade co pobo Saharauí.
Respecto das conferencias deste ano caben destacar as esixencias dos representantes da Fronte Polisario ao novo Secretario Xeral das Nacións Unidas: Antonio Guterres, quen xa formou parte deste organismo ata o ano 2015 como Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
Tal e como informa Sahara Press Service, na súa declaración final os participantes instaron ao novo Secretario Xeral das Nacións Unidas a “permitir que o pobo saharauí poida exercer libremente o seu dereito á libre determinación”, poñendo así fin a “a ocupación marroquí, á represión, a opresión e o saqueo dos recursos naturais”.
“Facemos un chamamento para poñer fin á pasividade do Consello de Seguridade ante as accións de Marrocos que actúa con impunidade”, sinalaron os participantes antes de esixir o retorno do compoñente civil da MINURSO e a restauración das súas funcións. Tamén eloxiaron a resistencia dos civís saharauís que valientemente enfróntanse á represión, cada vez máis violenta do ocupante marroquí e subliñaron “a necesaria urxencia de ampliar o mandato da MINURSO para que abarque a protección dos dereitos humanos no Sahara occidental”.
Nesta edición de EUCOCO tamén se aproveitou para felicitar o labor da Unión Africana, agradecer o seu defensa da auto-determinación do Pobo Saharauí, e denunciar os intentos de marruecos de parasitar esta organización e quebrantar os seus acordos e as súas actas constitutivas.
O actual presidente da Fronte Polisario pronunciou un discurso nestas conferencias, no que lembra ao España as súas obrigacións co Pobo Saharauí, agradece ao pobo español a súa axuda, irmandade e solidariedade co Sahara, pero non esquece que como Estado forma parte esencial do problema. Podes ler o discurso completo en Por un Sahara Libre.
Desde Solidaridade Galega co Pobo Saharauí queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible que un ano máis se puidese celebrar a EUCOCO, e unha vez máis, queremos resaltar o compromiso político e solidario da deputada do BNG, Montse Prado, que en nome do seu partido asistiu a esta Conferencia Internacional de apoio ao Pobo Saharauí, estando sempre pendente da delegación de Galicia.
Comentarios recentes