- Este evento ha pasado.
V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui: “Bicos con Lingua”
29/04/2017/21:00 - 22:00
5€O próximo sábado 29 de Abril representarase a obra “Bicos con Lingua” no Auditorio “Manuel Dopazo”.O evento forma parte do V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui de Silleda.
A obra, representada pola compañía “Talía Teatro”, é unha comedia na que se representan diversas situacións cotiás, que invitan a reflexión sobre o uso da lingua galega, e tal e como eles mesmos contan, nace do seu sentimento de amor hacia á mesma.
A entrada constará dunha donación de 5€, que se destinarán aos diferentes proxectos de SOGAPS, principalmente “Vacacións en Paz”, grazas ao cal centos de nenos e nenas Saharauis poden pasar o verán na nosa comunidade, escapando así das altas temperaturas do deserto en verán.
Comentarios recentes