O Muro da Vergoña

O MURO DA VERGOÑA: UN CRIME CONTRA A HUMANIDADE

Cunha lonxitude de 2.720 quilómetros, levantado en seis etapas, vixiado por 160.000 soldados armados, 240 baterías de artillaría pesada, máis de 20.000 Km de arame de espiños, miles de blindados e millóns de minas antipersoas prohibidas polas convencións internacionais, o “muro ou defensivo” marroquí, coñecido agora polo nome de “muro da vergoña”, é unha gran muralla que divide a todo un pobo e o seu territorio dende fai un cuarto de século mentres o sabe toda a comunidade internacional.

Trátase dunha fortificación militar que causou centenares de vítimas a un lado e a outra dos seus costados, entre eles civís saharauís que quixeron atravesalo ou miles de animais en busca de pastos.
Vixiado por ducias de radares de longo e medio alcance, apoiado por aviación militar, con miles de carros blindados, missiles, foguetes, artillaría pesada e bombas de racimo, este “crime contra a Humanidade” segue desafiando a todo o mundo coas súas minas, arame de espiños, fosos, armas de todo tipo, municións e soldados.
Levantado en 1980 para dividir o Sahara Occidental e separar as familias, estas son as principais etapas da súa construción, que custou millóns de dólares, e o seu mantemento custa outro tanto.

– 1 er muro: De 500 Km de longo, empezouse a construír en agosto de 1980 e rematouse en xuño de 1982, para englobar o que Marrocos chamou na época “o triángulo útil”. Esténdese dende Rentes El Janfra a Bojador pasando por Jreibichat, Rentes Lehmeira,TuereghtSmaraSekne e BuCráa.

– 2º muro: Cunha distancia de 300 Km, os traballos deste muro comezaron en decembro de 1983 para rematar en xaneiro de 1984. Saía do sudoeste de BuCráa ata englobar Amgala e Tuereght.

– 3 er muro: Na parte nordeste da Saguia el Hamra, cunha lonxitude de 320 quilómetros, a súa construción comezou en abril de 1984 para rematarse en maio do mesmo ano. Saía de Zaak cara a Ratmia, englobando aínda Odei TeichittEchdeiria e Hausa.

– 4º muro: Con 380 Km de longo, este muro saía de Taref Buhendacara a Lebreiga pasando por LebtanaUarkzizMahbesFarsiaRus Ben AmeiraGraret El Kercha e Graret Lehdid. Foi comezado en decembro de 1984 e rematou en xaneiro de 1985.

– 5º muro: Sobre unha distancia de 670 Km, esta muralla esténdese dende o sudoeste de Amgala cara a Labeirda pasando por J’beilat El BidhGor LafkahTaref AbdaTaref El MejenzaNegjirUad ElHauli,Tayaret El Heimer e Imlili. Catro meses foron necesarios para a súa construción, de maio a setembro de 1985.

– 6º muro: Ao longo de 550 Km, este último muro foi construído de febreiro a abril de 1987. Debía empezar dende Taref El Mejenza para rematarse preto Del guarguerat, na costa atlántica, atravesandoTenuakkaTenyaligDumesTadheruretGlaib Tair AllalGuelb EdhlimAadham El AaguerLaguer Labiadh e Baruaga, rodeando as cidades do sueste como AusserdTichla e Bir Gandús.

* Tipos de minas instaladas no Sahara Occidental

Tipo de mina País fabricante Tipo de detonador

VS-50 Italia detonador A/PÁX./C plástico
M412-P5-SB-33 Portugal, España, Italia detonador A/PÁX./Cplástico
M35 Inglaterra detonador A/PÁX./C plástico
M2 USA A/PÁX. de fragmentación
M15 USA detonador A/PÁX. mineral
M19 USA detonador A/PÁX. plástico
PRBM3 Bélxica detonador A/PÁX. plástico
M453-SB81 Portugal, Italia A/PÁX. de fragmentación
As bombas de racimo fabricadas en Estados Unidos son lanzadas por avións Mirage F1 nas diferentes incursións das Forzas Armadas Reais Marroquíes.
Ademais están as bombas de 250 a 950 kg, lanzadas polos avións F5, con detonadores retardados, sobre unha gran parte do territorio para sementar a morte e o terror entre a poboación rural e o gando.

“Campaña internacional contra o muro da ocupación marroquí no Sahara Occidental: xuntos para derrubar o muro”

PLATAFORMA GRITOS CONTRA O MURO MARROQUÍ

POR CADA MINA UNHA FLOR

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies