-
O Oasis da Memoria
En decembro de 2012 como un primeiro resultado, publicouse o informe “O Oasis da Memoria. Memoria histórica e violacións de Dereitos Humanos no Sahara Occidental” analiza graves violacións de dereitos humanos sobre a poboación saharauí, dende 1975 ata a actualidade baseándose no estudo de centos de casos e testemuños._______________________________________Meheris. A esperanza posibleO mes de febreiro de 2013, un pastor, encontrou uns restos humanos esparexidos sobre a area na zona de Fadret Leguiaa, na rexión de Smara. A devandita zona encóntrase preto do muro construído por Marrocos en 1982 e está baixo a supervisión do Alto o fogo da MINURSO. Ante a evidencia do que parecía ser o enterramento dunhas execucións extraxudiciais e a petición da Asociación de Familiares e Presos Saharauís (Afapredesa), un equipo de investigación do Instituto Hegoa, a Fundación Aranzadi e a Universidade do País Vasco se desprazou ata alí e realizou a investigación e exhumación de dúas foxas comúns. Este proceso estivo precedido por unha reconstrución do caso sobre a base dos testemuños dos familiares dos desaparecidos e unha testemuña presencial dos feitos Aba Ali.Documental “A semente da verdade”
Neste documental editado por Eztizen Miranda (UPV e Aranzadi) pódense escoitar de primeira man os testemuños das familias das persoas desaparecidas e da testemuña presencial das execucións. Estes relatos permitiron a reconstrución previa do caso. Tamén recolle o proceso seguido durante a identificación e exhumación das foxas.ORGANIZACIONES DE DDHH:
Western Sahara Human Rights Watch
Colectivo de Saharauís Defensores de Dereitos Humanos CODESA.
Asociación de Familiares de Presos e Desaparecidos Saharauís (AFAPREDESA)
Campaña Internacional Liberdade Presos Politícos Saharauis
Observatorio Asturiano de Dereitos Humanos para o Sahara Occidental
Antecedentes
No Sahara Occidental, dende a ocupación por Marrocos do territorio en 1975 a situación caracterízase polas sistemáticas violacións de dereitos humanos da poboación saharauí. Actualmente, parte da poboación saharauí vive no territorio ocupado por Marrocos, mentres que outra parte leva vivindo décadas en varios campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria). Trátase dun conflito que pode catalogarse como “esquecido” ou silenciado. A orixe desta iniciativa sitúase na detección por parte de organizacións de dereitos humanos saharauís dun baleiro de información sobre as violacións cometidas contra a poboación saharauí e a situación desta. A necesidade de apoio a estas organizacións tamén é detectada por varios equipos de avogados/ás independentes que nos últimos anos visitaron o Sahara Occidental para observar a situación dos dereitos humanos e os xuízos contra activistas saharauí
O INTERGRUPO DO PARLAMENTO DE GALICIA “PAZ co SAHARA” VISITA AS ZONAS OCUPADAS POR MARROCOS DO SAHARA OCCIDENTAL XUNTO CON MEMBROS DE SOGAPS EN 2014
Comentarios recentes