A formación, un espazo para compartir e aprender

A formación, un espazo para compartir e aprender.
Hoxe, entre consultas e urxencias, conseguimos sacar un oco na nosa axenda diaria para dedicalo a algo tan importante e necesario como a formación.
No Dispensario do 27 de Febreiro celebramos unhas xornadas formativas dirixidas ás enfermeiras do dispensario, un espazo de encontro, aprendizaxe e intercambio de experiencias entre profesionais saharauís e españolas.
Durante a xornada, puidemos compartir coñecementos, contrastar formas de proceder e coñecer de cercado os distintos xeitos de traballar dunhas e outras. Unha experiencia enriquecedora que nos lembra a importancia da formación continua, do traballo en equipo e da aprendizaxe mutua para seguir mellorando os coidados que ofrecemos.
Porque, mesmo no medio do ritmo intenso de consultas e urxencias, sempre merece a pena deterse para compartir, aprender e crecer xuntas.
© 2026 Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Todos los derechos reservados.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *