Proxectos

Os diferentes proxectos da nosa asociación:

–Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xulio e agosto, que en en Galicia densenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharaui Democrática (RASD)

–Comisión Médica é un proxecto que ten como obxectivo mellorar as condicións de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Boxador con especial énfase na alimentación de nenos, nenas e mulleres embarazadas.