Xornadas Estatais de Valoración e Avaliación de Vacacións en Paz 2026
💚 Mondariz-Balneario acolle as Xornadas Estatais de Valoración e Avaliación de Vacacións en Paz 2026
Esta tarde vivimos no Hotel Balneario de Mondariz o acto de presentación oficial das Xornadas Estatais de Valoración e Avaliación do programa Vacacións en Paz 2026, un encontro que reúne estes días a entidades de todo o Estado, representantes saharauís e institucións comprometidas co pobo saharauí.
Desde SOGAPS – Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, como entidade anfitrioa, queremos agradecer a presenza e o compromiso de todas as persoas e organizacións que fan posible, ano tras ano, Vacacións en Paz, un programa que permite que nenos e nenas saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf pasen os meses de verán con familias de acollida.
A xornada desta tarde foi tamén un espazo para compartir experiencias, poñer en valor o traballo realizado durante esta edición de 2026 e seguir construíndo xuntos o futuro do programa.
🤝 Coa participación de representantes da Xunta de Galicia, do Gobierno de España, do Parlamento de Galicia, de concellos galegos, das entidades de Vacacións en Paz e da representación saharauí, estas xornadas poñen de manifesto a importancia de seguir traballando unidos pola solidariedade e polos dereitos do pobo saharauí.
Grazas a todas e todos por formar parte de Vacacións en Paz. Seguimos camiñando xuntos. 🇪🇭💚
#SOGAPS #VacacionesEnPaz #VacaciónsEnPaz2026 #PuebloSaharaui #SaharaOccidental #Solidariedade #MondarizBalneario


Comentarios recentes