Compromiso dos parlamentarios da Xunta con “Vacacións en Paz”

En Marea emitiu un comunicado este domingo 14 de Novembro lembrándolle á Xunta de Galicia o seu compromiso co programa “Vacacións en Paz” de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e solicita que se inclúa unha partida de 280.000€ nos presupostos de 2017.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

O programa “Vacacións en Paz” sufriu graves problemas de financiamento no ano 2016, polo que a directiva da asociación buscou unha solución para asegurar a continuidade deste proxecto. Realizáronse reunións cos partidos políticos Galegos e solicitouse o financiamento oficial da Xunta de Galicia, tras o cal os candidatos á presidencia incluíron esta axuda no seu programa electoral.

Eva Solla, vicepresidenta segunda da Mesa do Parlamento e deputada de En Marea lembra este compromiso público dos partidos e solicita que se vexa reflectido nos presupostos da Xunta.

Fonte:

Galicia Confidencial

imprimir-a3

Tamén che podería gustar...

1 resposta

  1. 25/11/2016

    […] Compromiso de los parlamentarios de la Xunta con “Vacaciones en Paz” […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *