Comisión Médica

e-1

Obxectivo xeral: Contribuír ao avance das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da wilaya de Bojador, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.

Obxectivo específico: Mellorar as condición de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases na alimentación de nenos/as e mulleres embarazadas.

Actividades e resultados esperados:

  • Compra do material sanitario e medicamentos.
  • Traslado do material sanitario e medicamentos.
  • Entrega do material sanitario e medicamentos.
  • Conformación da comisión sanitaria.
  • Traslado da Comisión sanitaria.
  • Deseño e aplicación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.
  • Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.
  • Reducida a taxa de desnutrición e niños/as de 0 a 7 anos e embarazadas.
  • Compra de leite infantil.
  • Traslado e entrega do leite infantil.
  • Deseño e aplicación das xornadas de sensibilización. Para conseguir unha maior asistencia das mulleres ás devanditas charlas falamos coas xefas de barrio para que convoquen ás demais mulleres para asistir a estas charlas.
  • Dotada de mobles, electrodomésticos e demais aveños a casa construída no ano 2014 para o persoal médico e sanitario e construción da garita para o garda.
  • Construción da casa do garda.
  • Petición nosa contraparte do orzamento.
  • Compra do material.
  • Entrega e instalación do material, mediante un acto de entrega público e firma de documentación onde figure o uso da casa condiciones de uso e o compromiso da contraparte de facer bo uso da mesma.