41 Aniversario da Marcha Verde
Onte, 6 de Novembro, cumpríronse 41 anos desde a Marcha Verde, a invasión ilegal e militar de Marrocos sobre o Sahara Occidental que perdura ata día de hoxe.
O 6 de Novembro de 1975 a marcha verde violou as fronteiras internacionais, condenada polos organismos internacionais supuxo un xenocidio para o Pobo Saharauí, unha invasión que non tiña ningunha lexitimidade: nin política, nin legal, nin histórica – tal e como declarou o Tribunal Internacional de Xustiza o 16 de Outubro de 1975 – xa que Marrocos nunca posuíu soberanía sobre o Sahara.
Pese ao acordo de paz e o referendo pactado en 1991 entre a Fronte Polisario e Marrocos, a ocupación Marroquí segue vixente no Sahara Occidental, consolidando así a última colonia en África, o referendo nunca se levou a cabo a pesar da permanencia no territorio da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental), e o pobo Saharauí vive dividido entre os Campamentos de Refuxiados de quen fuxiu do réxime Marroquí e quen vive sufrindo o apartheid nas zonas ocupadas.
A consecuencia desta situación Marrocos é o único país Áfricano que non forma parte da UA (Unión Africana), os tratados mercantís con Marrocos en materia de produto proveniente do Sahara Occidental son considerados ilegais polo Tribunal de Xustiza Europeo, a ONU mantén a súa misión de supervisión da Paz e convocatoria do Referendo, pero o Pobo Saharauí mantense á espera de poder regresar á súa terra e ser por fin libre.
1 Response
[…] 41 Aniversario de la Marcha Verde […]