Despedida Nenis e Nenas Saharauis Vacacións en Paz 2026
Adeus, Vacacións en Paz 2026!!!
O noso avión acaba de saír.
Todos os nenos e nenas felices e contentos.
4 nenos prolongan a súa estadía por enfermidade, coa autorización das institucións responsables e dos seus pais e nais biolóxicos.
Grazas á rifa solidaria, puidemos enviar material sanitario e medicamentos 840k.
Grazas tamén á Consellería de Sanidade por toda a medicación e polo seu apoio constante durante o verán para as revisións dos nenos e nenas.
Grazas, Alfredo, por acompañarnos hoxe e vir despedir os nenos e nenas.
Grazas a todos os concellos que nos apoian, especialmente ao de Vigo, que volve ser o concello de España que máis nenos acolle.
Grazas ás familias acolledoras pola vosa solidariedade. Grazas á Xunta de Galicia, á Consellería de Familia, á Consellería de Benestar Social, ás Subdelegacións do Goberno, á Xefa de Fronteiras e Aduanas, ao Xefe de Seguridade do Aeroporto, a AENA, á Policía e á Garda Civil.
Grazas, Iberia. Un agradecemento especial para Montse.
Grazas, Samira, Xefa de Escala de Air Algérie.
Agradecemos a túa valoración do traballo de SOGAPS.
Un agradecemento especial ao Representante da Fronte POLISARIO en España por toda a túa colaboración, pola túa axuda nos momentos máis difíciles e polo teu cariño con SOGAPS.
Grazas aos medios de comunicación por axudarnos a chegar a todos os fogares de Galicia e poder falar de Vacacións en Paz.
Grazas, compañeiros e compañeiras de SOGAPS ❤️
Grazas ao Ministerio de Xuventude e a todas as persoas que fixestes posible que Vacacións en Paz 2026 en Galicia fose todo un éxito.
E, sobre todo, grazas aos pais e nais saharauis por confiar en SOGAPS os vosos fillos e fillas.
Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS estamos moi contentos e agradecidos de como resultou Vacacións en Paz 2026, e mañá poñémonos a traballar en Vacacións en Paz 2027.

Comentarios recentes