Festival Solidario co Pobo Saharaui en Valladares
Este domingo 30 de Outubro celebraremos un festival solidario co Pobo Saharauí no Centro Cultural de Valladares. Contaremos con diferentes tipos de actuacións pensadas para toda a familia, como a actuación de Sabela Cereijo, a presenza do Meigo Marco, o Pallaso POPÍN, cóntaa-contos María Carreira, e o grupo de teatro “Escoitade”. Presentado por Cristina Maró. Todos estes artistas axudarán a concienciar sobre a situación do Sahara Occidental nun evento pensado para toda a familia.
É importante seguir concienciando e sensibilizando sobre a situación do Sahara Occidental, un territorio ocupado por Marrocos de forma ilegal. Un conflito sobre o que gran parte da poboación española descoñece as causas reais, e a situación que vive o Pobo Saharauí, que está obrigado a vivir en campamentos de refuxiados lonxe da súa terra dende hai décadas.
Con eventos como este tentamos dar a coñecer o conflito saharauí e financiar programas de axuda ao seu pobo, como o programa “Vicente Fernandez” (material escolar), programas deportivos, ou programas médicos, cos que enviamos material necesario aos campamentos, sempre baixo a o auspicio do Fronte Polisario.
Necesitamos a vosa axuda para conseguir os nosos obxectivos, comezando pola liberación do Sahara, a entrada será gratuíta, e unicamente aceptaranse doazóns. Esperamos vervos a todos alí! Axudade a difundir!
Comentarios recentes