Quen Somos

DATOS DA ONG:

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, é unha Organización non Gobernamental, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia con número 2004/007037, con CIF G-15924558, que ten a súa sede social na cidade de Vigo, Avda. Alcalde Gregorio Espino nº 57 – baixo.Sogaps está formada por persoas voluntarias que dedican parte do seu tempo, para colaborar na axuda a pobo saharaui.

A finalidade de SOGAPS e dobre. Por unha parte pretende mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos; por outra parte, dende o ano 1991 que se creou o movemento solidario en Galicia co nome Amigos do Pobo Saharaui, mais tarde Asociación Galega de Axuda o Sáhara, pasando desde o ano 2004 a Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, o obxectivo segue sendo o de dar resposta as necesidades de planificación e mellora na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida os refuxiados saharauis que se da en Galicia a petición e coordinación da Delegación Saharaui para Galicia.

En función dos fins e obxectivos que se perseguen desde esta entidade, os cales veñen marcados nos estatutos da mesma, elaborase un programa de actividades . En base a isto, podemos afirmar que as actividades desenroladas divídense en dous grupos en función do obxectivo perseguido polas mesmas. En primeiro lugar, inclúense no programa actividades de sensibilización da poboación tales como organización e / ou participación en charlas e coloquios, montaxe de exposicións fotográficas, realización de concertos solidarios e outros actos culturais. En segundo lugar desenrolamos Proxectos de Cooperación o Desenrolo, Proxectos de Axuda Humanitaria e de Emerxencia e Proxecto Sanitario e de Formación. Dentro dos cales inclue o envío de alimentos, menciñas e outros materiais (material escolar, material sanitario, material informático, etc.). Tódolos proxectos e que se levan a cabo así como diversas actividades reivindicativas e de sensibilización execútanse en estreita colaboración e coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia que á súa vez supervisa o seguimento e avaliación dos mesmos a través da Media Luna Vermella Saharaui e o resto das institucións do goberno saharaui.

O Ministerio de Cooperación Saharaui e Media Luna Roja saharaui son as dúas únicas entidades que determinan as prioridades respecto as necesidades da poboación refuxiada en cada momento a través da Delegación Saharaui en Galicia.

Co fin de traballar en coordinación existen comisións de traballo: Comisión de Caravana e Proxectos, Comisión de Política e Difusión, Comisión de Vacacións en Paz, Comisión de Dereitos Humanos e Comisión Médica.

Entre as actividades propulsadas dende SOGAPS debemos destacar o desenrolo dun programa de Acollemento Familiar Temporal (Vacacións en Paz).

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies