Agradecemento á Deputación de Pontevedra pola súa colaboración no programa Vacacións en Paz 2026
Grazas á Deputación de Pontevedra por apoiar Vacacións en Paz 2026
Dende SOGAPS queremos agradecer á Deputación de Pontevedra o seu apoio ao programa Vacacións en Paz 2026.
Un ano máis, a colaboración da institución provincial contribúe a facer posible a acollida en Galicia de nenas e nenos saharauís durante os meses de verán, ofrecéndolles a oportunidade de convivir coas súas familias de acollida e desfrutar dun período de descanso, convivencia e intercambio cultural.
Este tipo de iniciativas son posibles grazas á implicación conxunta das familias, entidades e institucións que apostan por manter viva a solidariedade galega co pobo saharauí.
Grazas á Deputación de Pontevedra por acompañarnos neste camiño e por contribuír a facer realidade Vacacións en Paz 2026.


Comentarios recentes