Inauguración do Proxecto Sanitario para Cáncer de Mama.
Hoxe, día de fin de ano, inauguramos nos Campamentos este Proxecto, que se puido levar a cabo, grazas a Vicepresidencia da Xunta de Galicia , grazas especiais a Alfonso Roda pola súa sensibilidade e agarimo co Pobo Saharaui.
Grazas a Jesus Gamallo e Alicerce Romeu.
Pero ao longo do ano, foron varias accións solidarias que puidemos facer pola colaboración de Diputaciones, Concellos, Parlamento de Galicia, Sindicato CIG, Familias acogedoras, etc.
Grazas de todo corazón a Montse Prado, Eva Solla, Noela Branco, Alberto Pazos e Martin Seco.
Grazas a Jesús Vázquez, por toda a súa axuda sendo Conselleiro de Sanidade .
Grazas Fabiola, Conselleira de Política Social .
Grazas ás 480 persoas de todos os recunchos de Galicia que se puxeron a coser cando fixemos o chamamento da pandemia.
Grazas a todas as compañeiras e compañeiros de SOGAPS.
O Ano que comeza non vai ser fácil para todos nós, para os Refuxiados Saharauis menos.
Só coa solidariedade de todos poderemos saír adiante.
Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, Saúde, Dignidade e Benestar para todos.
Feliz 2021!!
Comentarios recentes