Éxito das Xornadas Formativas de “Vacacións en Paz 2017”

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela as xornadas formativas para as familias acolledoras de “Vacacións en Paz 2017”, no devandito evento contamos coa presenza de ponentes de renome no coñecemento e estudo da causa do Pobo Saharauí, como Santiago Jimenez, Hassanna Aalia, ou Carlos Ruiz Miguel, e representantes da Fronte Polisario como a Delegada para España Jira Bulahi e o Delegado da Fronte Polisario en Galicia, Habibulah Mohamed.

O programa previsto púidose levar a cabo con éxito, e os asistentes recibiron unha formación de máxima calidade sobre a situación política e xurídica do Sahara, a situación médica e educativa nos campamentos, a realidade que se vive tanto nas zonas ocupadas como nas zonas liberadas, as recentes actuacións de Sogaps no campo do voluntariado e na rede, así como a súa organigrama actual, exposicións sobre cultura Saharauí, e toda a información necesaria sobre o programa “Vacacións en Paz”.

  • Inauguración a cargo de Jira Bulahi, Delegada da RASD en España, e por Habibulah Mohamed, Delegado en Galicia.
  • Zonas Liberadas, por Roberto Barral, profesor de Filosofía
  • Zonas Ocupadas, Carlos Ruiz Miguel, Catedrático de Dereito Constitucional e Hassanna Aalia, activista de Dereitos Humanos.
  • Campamentos de Refuxiados Saharauís, por Kudus Salek Omar, de Sogaps.
  • Cultura e Costumes Saharauís, por Santiago Jimenez, profesor titular de Historia e Coordinador do Observatorio Galego co Sahara.
  • Organigrama de Sogaps, por Clara Freitas, Licenciada en Dereito e Recursos Humanos, de Sogaps.
  • Proxecto Educativo, por Xosé Henrique Porto Varela, licenciado en Ciencias da Educación, de Sogaps.
  • Proxecto Sanitario, por Noelia Porto Isla, Enfermeira e Responsable da Comisión Sanitaria de Sogaps.
  • Voluntariado, Mocidade, e Comunicación, por Pablo Romeo e Alejandro Cid Quesada, de Sogaps.
  • Vacacións en Paz, por Pilar Martinez, Psicóloga, Nuria Araujo, Traballadora Social, e Maite Isla, Presidenta de Sogaps.

Aproveitamos para dar as grazas de novo a todos os asistentes e aos relatores que participastes nestas primeiras xornadas formativas. Seguiremos informando sobre todos os progresos, noticias e eventos de “Vacacións en Paz”.

publico-2 pilar noelia kudus kira-maite-y-habibulah img_1153 henrique hassanna-y-carlos clara carlos barral alejandro vacaciones-en-paz santiago publico

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

1 Response

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies