A saúde e a prevención, piares fundamentais nos campamentos do Sáhara.

🩺 A saúde e a prevención, piares fundamentais nos campamentos do Sáhara.
Durante a visita da Comisión Sanitaria de SOGAPS aos campamentos saharauís, puidemos comprobar, unha vez máis, a importancia de garantir o acceso á atención sanitaria e de traballar na prevención como ferramentas esenciais para mellorar a calidade de vida da poboación.
Todo o traballo realizado foi a petición do Ministerio de Saúde Saharauí.
📸 Nesta imaxe, a consulta de Medicina Xeral, onde se atenderon casos de todo tipo, ofrecendo atención, acompañamento e coidados a quenes o necesitan.
Detrás de cada consulta hai persoas, necesidades e realidades que nos lembran que a saúde é un dereito fundamental e que a cooperación sanitaria é imprescindible para facelo efectivo.
Grazas á cooperación, ao compromiso e ao traballo compartido, é posible achegar a atención sanitaria a quen a necesita e contribuír a unha vida máis digna e saudable.
Porque coidar a saúde é tamén coidar o futuro. 💚

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *