SOGAPS e a Delegación do Fronte Polisario en Galicia reúnense para abordar o programa Vacacións en Paz.
A presidenta de SOGAPS, Maite Isla, xunto co delegado do Fronte Polisario en Galicia, Abidin Bucharaya, mantiveron unha reunión no Ministerio de Mocidade Saharauí Democrática para abordar diferentes cuestións relacionadas co programa Vacacións en Paz.
Durante o encontro, tratáronse diversos aspectos do programa, destacando especialmente a importancia de dalo a coñecer e sensibilizar á sociedade para conseguir un maior número de familias acolledoras de cara ao próximo verán. A implicación e solidariedade das familias son fundamentais para que máis nenos e nenas saharauís poidan desfrutar desta experiencia.
Así mesmo, é importante lembrar que a selección dos nenos e nenas que participan no programa corresponde exclusivamente ao Ministerio saharauí, que é quen prepara e organiza previamente o programa. Pola súa banda, SOGAPS encárgase de levalo a cabo, coordinando as actuacións necesarias para que Vacacións en Paz desenvólvase do mellor xeito posible.
Seguimos traballando para dar visibilidade a este programa solidario e animamos a novas familias a sumarse a esta iniciativa, que representa unha oportunidade de acollida, convivencia e solidariedade co pobo saharauí.

Necesitamos máis familias acolledoras para o próximo verán!
Relacionado