Marrocos impide a Vicepresidenta do Parlamento Panafricano participar na COP22

A Saharauí Suleima Beiruk, representante da RASD e Vicepresidenta do Parlamento Panafricano, foi detida o día 6 de Novembro por autoridades Marroquís no aeroporto de Marrakech tras a súa chegada ao país, onde estivo retida ata a tarde do 7 de Novembro, cando se ordenou a súa expulsión do territorio ao que se desprazou coa intención de participar na COP22.

É importante destacar que estas Conferencias sobre o Cambio Climático son organizadas polas Nacións Unidas, e Marrocos é unicamente o país anfitrión do evento este ano, polo que non posúe ningunha potestade sobre quen pode participar no evento. Suleima Beiruk participou nestas conferencias con anterioridade como representante da República Árabe Saharauí Democrática (COP21 de París).

Esta detención e posterior expulsión representa un novo desafío do Majzen ás organizacións internacionais e á Unión Africana, organismo do cal a RASD, a diferenza de Marrocos, é membro. Dado que este último solicitou o ingreso nesta unión faise máis palpable a súa incoherencia e desprezo facía a legalidade internacional.

Queda esperar para saber se tomará algunha medida a raíz desta nova provocación de Marrocos á ONU e á Fronte Polisario.

Fonte:

Por un Sahara Libre

cop22

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies