Misión Sanitaria SOGAPS
🇪🇭Do 10 ao 18 de outubro unha nova misión sanitaria de SOGAPS viaxará aos campamentos de refuxiados saharauis para reforzar o sistema de saúde pública.
O equipo traballará en atención primaria, pediatría, xinegoloxía, enfermaría, ecografía e atención a partos, ademáis de iniciar un proxecto centrado na prevención e tratamento do cancro uterino.
Para facelo posible precisan material sanitario e axuda económica. Calquera aportación, por pequena que sea, pode axudar a que esta misión chegue con máis recursos.
No cartel tedes toda a información para colaborar.
🇪🇭Solidariedade que se converte en atención sanitaria alí onde máis se necesita.


Comentarios recentes