Monólogo Solidario de Carlos Blanco en Viana do Bolo
O vindeiro domingo 14 de Maio a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá ao actor e cómico Carlos Blanco nun evento solidario cuxa recadación será destinada a esta ONG.
Este domingo a partir das 20:00 e por tan só 2€ poderás disfrutar do espectáculo deste recoñecido monologuista e axudar ao Pobo Saharauí, xa que a recadación destinarase a SOGAPS. Ademais, este evento forma parte da programación cultural do concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.
A iniciativa de “entrada-donativo” parte do desexo expreso do actor. Desde SOGAPS agradecemos tanto a Carlos Blanco como ao Concello de Viana do Bolo a realización deste espectáculo e a súa solidariedade co Pobo Saharauí.
Comentarios recentes