Observadores internacionais expulsados do Sahara Ocupado
Os avogados Españois José Revert Calabuig e Neves Cubas Armas foron expulsados do Sahara Occidental polas forzas de ocupación marroquís este martes 20 de Decembro tras chegar ao aeroporto do Aiún.
Ambos os letrados, representantes do Consello Xeral da Avogacía Española, viaxaban ao país Africano coa intención de asistir ao xuízo de Ali Saadouni e outros activistas Saharauís, e denunciar as posibles irregularidades do mesmo en calidade de observadores internacionais.
Nada máis desembarcar no seu regreso a territorio Español, en Gran Canaria, declararon que se trata dun feito “moi grave porque contraviene os máis estritos dereitos fundamentais ao dereito de defensa expulsando aos letrados que acudimos a poñer voz aos saharauís, que lembremos que o Sahara está sometido ao proceso de descolonización“.
Atopámonos ante un novo exemplo das prácticas habituais de Marrocos, a expulsión de activistas, membros de asociacións de Dereitos Humanos, xuristas, etc, coa intención de manter un bloqueo informativo sobre o apartheid que sofre o Pobo Saharauí nos Territorios Ocupados. Tal e como explica o avogado José Revert, o que se evita é que se denuncie o que pasa nos xuízos ilegais realizados a activistas Saharauís. Sen ir máis lonxe, non é a primeira vez que Neves Cubas é expulsada do Sahara Ocupado este ano.
O vindeiro luns 26 de Decembro celébrase o novo xuízo aos presos políticos do Gdeim Izik, é de esperar que Marrocos repita estratexias como esta para evitar a “supervisión” do xuízo por Observadores Internacionais. De feito, a data elixida responde a unha estratexia do majden para evitar a presenza de observadores ao coincidir coas celebracións de Nadal.
Comentarios recentes