Éxito do Festival Solidario co Pobo Saharaui en Ferrol

O pásado 12 de Marzo, Ferrol cumpriu coa súa cita solidaria co Pobo Saharauí. O Teatro Jofre acolleu un Festival Solidario que contou con grandes representantes do entretemento en Galicia e un público multitudinario que superou as 500 persoas.

Festival Solidario con el Pueblo Saharaui en Ferrol

O Festival, organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí en colaboración co Concello de Ferrol, contou coa presenza da contacontos Paula Carballeira, o coro Solidario Terra de Trasancos, o Coléctivo Máxico Lorc & Julit e co Pallaso Piruleta & Cia. O evento foi guiado polo presentador Daniel Ríos.

Con actividades como esta non só se conciencia sobre a situación que se sofre no Sahara Ocupado e nos Campamentos de Refuxiados Saharauís, se non que conseguimos financiar programas como “Vacacións en Paz” e proxectos médicos, educativos, ou deportivos, cos que desde a asociación trasladamos aos Campamentos material necesario para a vida cotiá.

Desde SOGAPS queremos dar as grazas a todos os artistas que actuaron nesta Gala Benéfica, e a todo o público asistente polas súas doazóns solidarias e a súa presenza, coa que Galicia demostrou unha vez máis o seu compromiso co Pobo Saharauí.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *