Vacacións en Paz acércase a Galicia

Na madrugada deste venres 7 de Xullo chegarán os 326 nenos e nenas Saharauís que pasarán os próximos dous meses en Galicia disfrutando das súas “Vacacións en Paz”.

Llegan los niños y niñas de Vacaciones en Paz a Galicia

Grazas a este programa, os menores poderán escapar das altas temperaturas do deserto no verán, e someterse aos exames médicos pertinentes, ademais de vivir unha grandísima experiencia cultural e ser os imprescindibles embaixadores da súa causa.

As familias acolledoras galegas están desexando dende hai tempo a chegada dos nenos e nenas Saharauís (algúns xa coñecidos ao ser repetidores, e outros chegan por primeira vez á nosa Comunidade Autónoma). Este venres,despois da súa longa viaxe, e dunha longa noite de traballo do equipo de Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), as familias de Vacacións en Paz estarán reunidas un ano máis.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *