Recepción na Subdelegacion de Goberno en Pontevedra
Maica Larriba Garcia, Subdelegada do Goberno na Provincia de Pontevedra recibiu a unha representación de nenos, nenas e familias de acollida de varios Concellos da Provincia de Pontevedra.
Só podemos ter palabras de agradecemento para ela.
Demostrounos un gran coñecemento da situación do Pobo Saharauí, e toda a súa disposición de colaboración. Dende o primeiro momento da recepción no edificio da Subdelegación do Goberno gañouse o aplauso de todos pola súa proximidade e agarimo.
Dous nenos Saharauís quixeron agradecerlle que os recibise, e que dentro das súas posibilidades axudáselles a volver a un Sahara Libre.
Conchi, en nome das familias acolledoras entregoulle unha planta cos lazos de cores da bandeira Saharauí e agradeceulle todo o apoio que prometera.
Pediunos unha bandeira Saharauí que colocou con todo agarimo no seu despacho.
En nome da Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, moitas grazas e que nos poida acompañar no mes de Decembro aos Campamentos.
Comentarios recentes