Precisamos Familias Acolledoras en Vigo
Facemos un chamamento a todas as persoas de Vigo que queiran acoller no verán a un neno ou nena Saharauí póñanse en contacto connosco antes do 28 de Febreiro.
O Concello de Vigo pagará os billetes de todos os nenos e nenas Saharauís que veñan ao concello, por tanto sería unha pena que por falta de familias acolledoras un neno ou unha nena Saharauí, que vive nos Campamentos de Refuxiados, nunhas condicións totalmenten extremas abrigo no verán, dado a calor que pasa dos 50º á sombra, non poida viaxar a Galicia por falta dunha familia que o acolla.
Se queres participar de forma solidaria neste proxecto podes informarche chamando ao 986 26 26 37, escribindo a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com, ou completando o formulario de voluntariado desta páxina web.
Aproveitamos para dar as grazas unha vez máis ao Concello de Vigo pola solidariedade que leva anos demostrando co Pobo Saharauí e cos centos de nenos que viaxan cada ano a Galicia.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do verán nos Campamentos de Refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na vida diaria que están obrigados a vivir en Tindouf. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural para os nenos e nenas Saharauís, Españois e as Familias Acolledoras.
Comentarios recentes