A activista Leila Lili detida nunha manifestación pacífica

Unha manifestación pacífica no Sahara Ocupado, convocado en solidariedade cos presos políticos Saharauís, saldouse con varios feridos e coa detención de Leíla Lili.

Leila Lili, activista Saharauí, participaba na manifestación antes citada, que foi convocada pola “Coordinadora de Saharauís que denegaron a nacionalidade marroquí”. A activista vestía unha Melhfa (indumentaria tradicional Saharauí) coas cores da bandeira da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

Equipe Media, un colectivo Saharauí que actúa no Sahara Ocupado rompendo o bloqueo informativo gravando e difundindo a represión que sofre o pobo Saharauí, denunciou esta detención e a agresión a outros dous activistas: Sidi Mohamed Aaluat e Amjad Lili, brutalmente golpeados polas forzas de ocupación marroquís.

Aproveitamos esta nova mostra das actividades ilegais e inhumanas de Marrocos para manter a súa ocupación, denunciadas por multiples asociacións de Dereitos Humanos, para sumarnos ao comunicado de CEAS-Sahara e esixir a liberación dos presos políticos Saharauís e a autodeterminación do Pobo Saharauí.

Lembremos ademais que estamos en momento clave para esixir ao estado español que actúe no Sahara Ocupado, xa que durante o mes de decembro atópase nunha posición privilexiada ao presidir o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, e debe asumir as súas responsabilidades políticas e históricas con este territorio, que non descolonizó en 1975, favorecendo así a ocupación ilegal Marroquí, e permanenciendo, como sinala a ONU, como Potencia Administradora de iure do Sahara Ocupado, a última colonia en África.

detención de leila lili

detención de leila lili

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *