Derrota a Marrocos: Tribunal de Xustiza Europeo dá a razón á fronte Polisario
O tribunal de Xustiza da Unión Europea publicou onte 21 de Decembro unha sentenza histórica na que decreta que os acordos de asociación de comercial entre a UE e Marrocos non son aplicables ao Sahara Occidental, xa que tal e como recoñece na devandita sentenza, o Sahara Ocupado é un territorio non autónomo, colonizado ilegalmente por Marrocos.
Esta sentenza supón unha derrota ao majden marroquí e un paso adiante no recoñecemento ao dereito a autodeterminación do Pobo Saharauí, xa que tal e como recolle o Comunicado de Prensa do Tribunal de Xustiza Europeo:
” (…) tendo en conta do estatuto separado e distinto recoñecido ao territorio do Sahara Occidental en virtude da Carta de Nacións Unidas e do principio de autodeterminación dos pobos, está excluído considerar que a expresión «territorio do Reino de Marrocos», que define o ámbito territorial de aplicación dos Acordos de Asociación e de Liberalización, inclúe o Sahara Occidental e, por tanto, que estes Acordos son aplicables ao devandito territorio. Deste xeito, o Tribunal Xeral non extraeu as consecuencias do estatuto de que goza o Sahara Occidental á luz do Dereito internacional.”
Segundo a análise de Carlos Ruiz Miguel, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela desde 2001, e director do Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental (CESO) desta mesma universidade, da sentenza do tribunal de Xustiza Europea pódense extraer os seguintes puntos:
“1. O Dereito Internacional non permite que dous actores internacionais pacten algo que afecte a un terceiro sen que este consinta.
2. O pobo saharauí goza de dereito á autodeterminación.
3. A Fronte Polisario é o representante do pobo saharauí.
4. O pobo saharauí non manifestou o seu consentimento para ser incluído no acordo UE-Marrocos.”
Con esta sentenza Marrocos perdeu o respaldo da Unión Europea á hora de roubar os recursos naturais que pertencen historicamente ao Pobo Saharauí e recibiu un novo golpe ao negar un Organismo Internacional como a UE as súas pretensións anexionistas respecto ao Sahara Occidental.
2 Responses
[…] Una reciente sentencia del Tribunal Europeo de Justicia determina que Marruecos carece de legitimidad sobre territorios allende sus fronteras reconocidas y que el Sahara no está entre ellas, estableciendo la prohibición de incluir productos saharauis en el acuerdo comercial comunitario con Marruecos. ¿Qué hace el Estado español para cumplir esa sentencia y que no se descargue en sus puertos aceite de pescado embarcado en los territorios ocupados de El Aaiún, por ejemplo? […]
[…] ser tratados de forma diferente en materias como acuerdos comerciales (tema de actualidad gracias a la sentencia histórica del TJUE del 21 de Diciembre de 2016, que afirma que son territorios separados), el gobierno español se niega a reconocer a soberanía […]