O voluntariado corporativo é un conxunto de actividades promovidas e apoiadas por unha empresa que ten como finalidade a involucración e participación libre dos seus empregados a través da dedicación do seu tempo, capacidades e talento a causas, proxectos e organizacións sen ánimo de lucro.
Con charlas, notificacións, etc, podes motivar ao teu equipo de traballar a colaborar cunha causa solidaria como a nosa. Informar sobre a necesidade de familias acolledoras para os nenos e nenas Saharauís que pasan o verán en Galicia, ou sobre a necesidade real de colaboradores para poder realizar os eventos de sensibilización e financiamento da nosa asociación, axudaranos a levar a cabo as actividades anuais que nos permiten actuar para cubrir as necesidades nos campamentos de refuxiados Saharauís.
Ao colaborar connosco integraremos o teu logo na nosa web, newsletter, eventos relacionados, e outras publicacións.
Máis información en info@sogaps.org ou no 986 262 637
Comentarios recentes