VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui

O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí volta a Silleda dende o vindeiro 8 de abril con teatro, música e unha andaina solidaria.

Mes Cultural de Silleda

-Teatro máis aló do Ulla abre o cartaz encabezado por Mofa e Befa co seu novo espectáculo “Cranios Privilexiados contra a razón perralleira”. O monólogo de Marcos Pereiro e o festival de Bandas de Musica de Silleda completan a programación cunha recadación que se destinará ao programa Vacacións en Paz, polo que familias acolledoras galegas mostran a súa solidariedade coa causa saharauí, acollendo os meses de xullo e agosto nos seu fogares unha nena ou neno que están a vivir no exilio nos Campamentos de Refuxiados Saharauís.

O Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí con cinco citas na axenda para as vindeiras semanas, na que será xa a sexta edición do certame, organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps).

A primeira cita terá lugar o vindeiro domingo 8 de abril no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ca representación da obra colectiva “Non máis muros”, protagonizada polos nenos e nenas do grupo Máis aló do Ulla. Baixo a dirección da actriz Cristina Collazo alumnos da Bandeira, Silleda, Vedra e O Foxo poñerán en escea esta orixinal proposta coa educación como protagonista. A cita será ás 18:30 horas, con entradas a 2 euros.

O domingo 22 de abril chega o espectáculo que encabeza o cartel deste ano, coa nova obra de Mofa e Befa: “Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira”. Victor Mosqueira e Josito Porto poñerán en escea esta exitosa e filosófica aposta de Producións Excéntricas, que se estreou con varios cheos absolutos en xaneiro en Compostela. A cita con estes dous cranios privilexiados da escea galega será o domingo 22 de abril no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ás 19:00 horas. As entradas para este espectáculo, para maiores de 13 anos, custan 5 euros.

A música non faltará neste VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí. Será o 29 de abril ca 25 edición do Festival de Bandas de Música de Silleda. Celebrarase no auditorio da Semana Verde, ás 17:30 horas, coa colaboración da banda anfitriona, a Municipal de Música de Silleda. Durante a cita, na que os asistentes poderán facer o seu donativo voluntario, proxectarase un vídeo sobre a situación dos campamentos de refuxiados.

En maio o cartel retómase o venres día 4 con outro rostro coñecido,o actor Marcos Pereiro chega a Silleda co seu monólogo “Armarios Empotrados”. A cita, con donativo de 5 euros, será na Casa da Cultura de Silleda ás 21:00 horas.

Xa para rematar, e ao igual que na edición anterior, dende Sogaps proponse outra andaina solidaria, desta volta pola contorna da vila de Silleda. Terá lugar con saída 09.30 da Casa da Cultura o domingo 20 de maio con donativos a 5 euros.

O pobo Saharauí leva 42 anos de loita e resistencia para conseguir vivir nun Sahara Occidental libre e independente , actualmente unha parte do territorio está baixo ocupación marroquí. As Nacións Unidas 1991 estableceu a Misión para Referéndum do Sahara Occidental (Minurso) a día de hoxe segue sen cumplir o seu obxectivo, mentres está considerado como un territorio non autónomo en proceso de descolonización.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

1 Response

  1. 02/06/2018

    […] a través de VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui — Solidariedade Galega co Pobo Saharaui […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies