Donativos de Empresas

Cada vez máis empresas asumen a súa responsabilidade social e son conscientes da axuda que poden supoñer en causas xustas e solidarias, sumándose a proxectos de axuda como o de SOGAPS.

Coa vosa axuda podemos financiar programas educativos, deportivos, ou médicos, destinados á axuda ao pobo Saharauí, que espera en campamentos de refuxiados no deserto que se lles devolva a súa terra, ocupada por Marrocos no que se considera a última colonia en África.

Podes elixir se queres financiar un programa ou proxecto concreto da nosa asociación e se a túa achega é puntual ou periódica (para máis información escribir a info@sogaps.org)

Ao colaborar connosco integraremos o teu logo na nosa web, newsletter, eventos relacionados, e outras publicacións.

  • Nº de Cuenta IBAN: ES40 2080 5056 13 3040034374
  • A Banca
  • Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.