Vacacións en Paz 2018

Xa empezan os nervios para aflorar, pensando cando vai chegar o neno e/ou nena que vou acoller este verán…

Os nenos de Galicia virán entre o día 29 de Xuño e o día 10 de Xullo. Como sabedes veñen por pasaportes colectivos. Cando teñamos todo o plan dos voos, avisarémosvos a cada un a través dos nosos Delegados de Sogaps, para que saibades o día que vén o voso neno, que se vos entregará, como todos os anos polos nosos compañeiros.

Empezaranvos a chamar desde os Campamentos, pero por favor ,as únicas datas oficiais, terédelas a través dos vosos Delegados de Zona.

Esperamos poder comunicarvos todo o sábado, día 23.

Moitas grazas.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *