Cea Solidaria co Pobo Saharaui en Santiago de Compostela

Acompáñanos!!

Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, querémosvos convidar á nosa Cea Solidaria co Pobo Saharauí.

Facémola en Santiago para que quede máis céntrico e poidan vir persoas de todas as Comarcas de Galicia. Se alguén quere durmir no Hotel, fannos un bo prezo a todos os que vaiamos á Cea. Animarvos a asistir!

A parte de que 5€ de cada prato van ser para comprar alimentos para os Refuxiados Saharauís que viven nos Campamentos, tamén nos serve de Convivencia e pasar unha noite divertida que boa falta fainos a todos.
Para reservar a invitación podedes chamar polas mañás ao Teléfono 986 26 26 37.

Tamén mandaremos información desta cea a todas as Institucións de Galicia, e os nosos compañeiros de SOGAPS, visitarán ás Corporacións de todos os Concellos.

Unha chamada especial a todas as familias acolledoras e amigos e do Pobo Saharauí.

Grazas.

Cena Solidaria

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *